Xerión

Utwory wykonawcy:

A alquímica dexeneración da ialma

Na ialba no que Acuario emerxe en apoxco E o Cisne planea paseniño entre a Aguia e o Pegaso O Dragón arrodea con furia ao Carro aló alto Mentres a Frecha persegue ao Zorro con celestial precisión Con Mercurio inscrito en Capricornio, sona a Lira...

A Etérea Dor e a Labiritintica Existencia

Espreitando na noite A pestilente sombra do que emerxe Das augas envelenadas E o xofre sacrilego de turbulentos cantos Espero o sentir Da morte que chega no tempo Indeciso de néboa allea Mentres os sons se perden no abismo A dor etérea que os anfergos Entoan n...

A Hoste Antiga do Luceiro

Na terra onde no océano infinito É vencido quen rexe as estacións Na terro dos fríos regatos E montes de tépedas néboas Alzouse máis aló da memoria O que porta a luz Que guía nas tebras A Hoste Antiga dos Sennome Foi nado co escintilar primeiro Da lúa nova de...

A Noite das Meigas

Na noite de meigallos e akelarres Que risas desfigurados e bébedas De vellas noxentas e sabias Alumea o mâxico lume Retortas ârbores mortas Que o sendeiro neboento atravesa Sangue que molla a terra Envelenada con intrigas sen senso No cruce de camiños Que as a...

Akelarre

Espíritos do bosque Nesta enmeigada noite Do frío outono dos recordos Escoitade os nosos cantos Que se elevan coma o fume Do lume que crepita Que a vosa protección nos envolva Coma a néboa á temesiña ialba 

Alén Das Néboas Da Transmontana

Montes escarpados rachan o horizonte Mentres as néboas nos envolven paseniña No noso ascenso cara o cumio De pedras que sobreviven ao esquecemento A vella lareira nos acolle Entre cuncas de barro avellentado Polo tempo que nada nos perdoa Mais que mellora o no...

Aqueles que nos deixan atrás

No espertar dunha vermella mañá De morte negra, negras novas Pérdese no ar o tremor da compaña Estou só, ser Nada Sen recordos que me guíen quedo No hourizonte incerto da miña existencia trala lenta agonía de bágoas que se cravan, ser Eterno No valeiro...

Cantares das loitas esquecidas

Na humilde lareira o vello bardo Entoa tristes historias de séculos fuxidos Lendas de loitas esquecidas Contra inimigos que nin o tempo solerrou Nos seus allos de negra sabedoria Que ate axeonllan aos lobos Vexo berros de vingonza Contro as traidores ás...

Cántico derradeiro

Vexo árbores moribundas no templo baixo as estrelas Premonicións de prantos e arrepíos na hora onde Cegos os ollos ríos e fervenzas tinguiranse de vermello Chegados son os tempos onde os vellos deuses Son sacrificados polo ferro e a industria Onde os vel...

Choiva nas pedras da Citania

Colto polas rúua escuras Alumeadas pola choiva que enfeitiza As pedras labradas no silencio De música de cinsas que se esvaen Cultivo o baleiro nesta vida Onde a nada reina con sinxela Decadencia de futuras promesas E a fraga acolle a miña ialma Non pregunto,...

Da Nocturnal Loita Na Fraga

O odio esperta a vinganza A cega ira aléntame para a loita O inimigo, espello da ousadía Agarda tra-los muros de pedra milenaria Triazón latente crúzase nas espadas De pensamentos que emerxen, valeiros Os demos que loitan ao meu carón Ensombrecen as súas altiv...

De svevis in Gallaecia

Cara as lonxanas terras no cabo do mundo O escollido entre os bárbaros guía ó seu pobo Ríos, vales e montañas cruzan ameazados Polas ansias de grandeza dun ousado e sanguento caudillo A súa valentía e prudencia non coñecen fronteiras Chegando con forzas intact...

Descenso Polo Arbóreo Sendeiro Do Delirio

Inmerso na profunda e mórbida desidia Por mor do delirante sino Que tensa o eterno e fráxil fío Que une o Todo que eu aprezo O abismo das mentes separadas Aparéceme na onírica fraga neboada Atraveso o empedrado e sinuoso sendeiro E descendo ate a negra, psicót...

Do eterno xeo

Nas lonxanas terras da eterna maxia O destino navega pola claras do equilibrio A xustiza rexe os camiños dos homes valentes A sabiduría alumea os enredos das immortais almas Mais os mortos en vida pola ignorancia Con artimañas sembran a discordia O druida aco...

Do Lume Céltico

Na longa noite de pedra A lúa olla a inquedanza Nos ollos dos que limpan as armas Forxadas no non tempo da lembranza Á ialba agarda o misterio Das nosas fazañas vividas A néboa enturbia a falsa calma Desta espera á próxima loita Mais no recordo dos nosos anter...

Ith

Sangue de heroe Derramanda traizón Bágoas silenciosas Dos fillos de Mil A vinganza navega Ata os mares da Irlanda Mais a maxia dos Tuatha As súas mentes dispersa Tres días de treboada Ó horde da loucura Invocación poética Do bardo Amairxén Embruxos vencidos...

Lachrimae

Bágoas nun mar de sangue escura reptilianas formas que emerxen do arrecendente xerme da historia arrepiada lúa crecente nun outono de fiestras espidas ríos de estrelas negras nunha voráxine de caos e destrución que a harmonía de madeira e vides torna in...

Ladaíñas do meu tormento

Na noite da ialma que esperta fria Entre tremores de angustiosas premonicións Vexo a nada da existencia entre sons difusos E inconexas lembranzas que non vivin Busco nos vellos e desfeitos grimorios Neste breve e infinito momento de desacougo Lendas e historia...

Madrigal da lúa

Na profundidade do bosque Non hai sombra que me protexa Dos perigosos encantos Da túa branca beleza Raiña da escuridade Tortúrasme coa túa presenza Mentres no meu interior Transmútase a miña esenza Oh lúa, paradoxa inmortal! A túa luz brila nos meus ollos Pero...

Medulio

Na fría noite das nosas vidas Arde o recordo dos tempos pasados Tempos gloriosos, tempos escuros Que as xoves almas non han sembrar A triste ameaza da escravitude Asolaga o corazón dos que quedan As árbores son testemuña da última reunión O xuramento resoa al...

Morte na Iauga

Entre as sombras do meu recordo Ergome sobre o horizonte de negras O sendeiro retorce con sinuosa buria Os meus pasos cara a Nada Presenzas que o pasado fai existir Mais o presente torna fria a súa lembranza Roteiras imaxinados de vidas que conflúen Na...

Na Búsqueda Do Primixenio

Na cova sombría de berros agónicos Co lume dos fachos que sangran arreo Escoito os sons que o Antergo inspira Decadente... Negras figuras axitándose na néboa Polos cortes das gadañas de xeo Que me levan polas inmortais pedras Sen vida... Nos altos cumios da co...

Na decadencia de mística saudade

Deteño o tempo nun futuro decadente certeza da memoria que me lembra quen son Casualidade cósmica que contemplo distante elevado sobor espectros que respiran por inercia As miñas mans tecen sons nas ponlas de árbores que se cravan nun pétreo pasado Ia...

Na Infinita Unión Das Invisibles Raíces Da Terra

A ialba descobre os despoxos da miña dor a pantasma da venganza acompáñame, sorrinte as sabias runas marcan o xa escrito camiño do nacemento do Un eterno, indestructible No frondoso carballo nas lonxanas terras musa de longos cabelos, ondulantes recordos coma...

Na noite dos tempos

Na noite o murmurar do druída Resoa na miña mente Mentres no meu corazó Aluméanme o valor e o honor O meu espírito é libre Aínda que o quíe a soidade Os hipócritas endexamais Terán a miña ialma Nos verdes montes da Galiza Pasea o meu corpo Mentres o espírito...

Na noite escura

Na noite escura na que me sumerxo, indiferente cara sonos fuxitivos de espellismos e conceptos adquiridos na sen razón abafante do cosmos (im)perfecto. Ollo cara as imaxes que estrelas xa mortas e lonxanas trazan con azarosa precisión nun firmamento de...

Na soidade do Aloia

Camiñando cara cima A lúa observa os meus pasos Os astros revelan o meu destino Co mar no horizonte incerto Perdido nas vacilacións dos mortais A gadaña sesga os fíos da noite Nas árbores que me arrodean Resguárdome dos ollos da hipocresía ¿Por que lle temen...

Na traza esotérica do ar invisible

Baixo arcos revirados da anterga sabiduría que no silencio de séculos escuros nos acollen con branca vontade na traza esotérica do ar invisible Tralas pedras que agochan os segredos Da néboa que cobre os camiños De dor entoxicada de mentiras Esmorece cans...

Nada Que Me Consume

Las tebras me arrodearon Unha vez múis Sentindo o abafo que o odio Golpeuba contra a miña caluga Na soedade da indiferencia infinita Que a inxustiza dos mediocres alenta Sentín o formiguear nas miñas entrañas La neboada luz da ialba Me abatia sen entender nada...

Nas verdes fragas de Amh-Ghad-Ari

Por camiños lépedos de frouma os lobos ouvean entre fentos e carqueixas Onde fragas de ancestrais carballos vixian aos que vruzan os scus limites Onde a nébon con poética presenza agarima os soños dos que agardan E aniña o negro e esquivo corvo alá nas s...

Neosofía do inconcebible

Místicos tetracordos de silenciosos sons Ondean sinuosos sendeiros nun océano escuro Cegos os ollos ante unha visión de tal fulgor Esnaquizo a lingua nun berro que Eles ignoran. Perdo a noción do Eu, Ser completo trala Morte Son parte de Todo, pois volv...

Nihilistas Reflexións No Anoitecer Da Ialma

Na noite que somerxe Os meus sonos no baleiro A miña ialma érguese Baixo estrelas xa extintas Vexo loitas, pensamentos De homes que ollan só o futuro Paixóns, aries abstractas De seres luminosos Mais todo insignificante Todo é Nada, sen sentido Cara un mañá in...

No Funeral Dos Antergos

Na noite das vellas crenzas Camiño entre as quedas úrbores Ate o túmulo funerario Que alumea o sagrado lume Nas pedras que inmortais ollan Aqueles que traizoan aos untergos Gravo nas esquecidas runas Verbas que esmorecerán no silencio O vento que leva as cinsa...

No pazo derruido da existencia

Tremo só no silencio Mentres caio polo abismo infinito Mentres ela, agora muda ante os meus ollos se dispón a levarme, a liberarme E o pasado, todo valeiro Que insiste en recorda-lo paraíso Pasa diante miña o que fun, Os que foron, os que non voltarán,...

No val do silencio

A través do camiño que nos leva en mutua soedade ollo as cicatrices do tempo gravadas na pedra sen mesura séculos de lendas perdidas no recordo daqueles que rexeitan o meigallo da noite Visión de incertos sinos, baixo o influxo do inverno que a feiticeira ent...

Nocturna contemplación da Saudade

No tempo da lúa morta O renacer das avelaíñas Acrecenta as miñas visións Baixo o influxo do negrumante Xa o que gravou na madeira O destiño de quen me precede Iniciou a viaxe Entre baleiras olladas de incomprensión Contemplo os sendeiros trazados Na infinida...

Nocturnal Misantropia

A noite cae coa cega infamia Dos que se cren a sí mesmos inmortais Ruíns vermes arrastrándose no fango Que asolaga e abafa a miña gorxa Inútiles recordos de tempos pasados Paraíso perdido de pálidas caras Que co morto sorrir dos que enganan Atenúan a mi...

O Abafo Crepuscular da Soidade

Na noite que me agarda Escoito o tempo que non cesa E con fastÍo ollo a o baleiro Que arrodeo entre os meus soños Sinto o abafo no crepúsculo Entre mortas árbores de podremia Que a melancolía rega cou desidia Baixo a lúa nacente e vermella Certo futuro de negr...

O diaño das tebras

Das tebras da profundidade do abismal paramio xurdín arreconchegado nos meus desexos non cumpridos Por mor da túa razonada teima irracional de seguir no teu trono de mediocridade con mórbidos súbditos E o meu ignorado berro sen folgos Atravesoute coma unha pan...

O espertar do Xerión

No castelo derruído de sonos inconclusos Entre pregos decadentes de voces moribundas O circulo incompleto de harmonías silenciosas Erguese na fria noite de lendas non narradas As tribos de ignorantes, hipócritas traidores Que coa súa fachenda enchen o ar...

O Espírito da Fraga

A lúa sobre fraga Teas alumeando o cadáver Os escuros ouveos dos lobos A súa presencia a través da habitación Mentres observamos o cadalsito A néboa entre as árbores Chuvia de tristes bágoas Os mouchos ollando as sombras Sangue paralizado polo medo Porque nin...

O Trono de Breogán

Breogán, os antergos recordan con orgullo Os días da túa estadía mortal As milenarias árbores susurran O son das heroicas batallas Breogán, o sangue dos caídos Cobren as verdes terras da Galiza Mentres os seus espíritos Descansan tra-la lúa, tra-las estrelas O...

O túmulo dos corvos

Lúa, que emerxes entre bágoas No solpor, entre lembranzas De imaxes que atesouran O efímero o eterno Lúa, nas fragas do pasado Onde as ialmas dos ausentes Aloumiñan as noites escuras De néboa dos maledicentes Árbores vixiantes da druídica maxia Que procede d...

O ultimo sono do druida

Máis aló do circulo de pedra Está a porta da nosa Eternidade O voar silencioso do corvo guíanos A través deste camiño de sufrimento Na frondosidade do noso recordo A lira do bardo chora unha despedida As bágoas do escepticismo Inundan os nosos aflixidos corazó...

Onde a victoria agarda

Canso tras unba noite á espreita Entre as rochas que arrendan os temores A néboa agarima a miña faciana Mentres lembro os laios de amarga inquedanza A fraga nos acolle con calada maxestunsidade As tebras arrodean a miña coraxe Os máxicos simbolos que me...

Os cantos dos bardos

Na fraga da nosa historia Escoito as cantigas do recordo Gravadas na mente dos elexidos Mergulladas no silencio de cuartos escuros Sons escritos no ferro co sudor Daqueles que forxaron o seu propio destino Sons escritos nas penas coas bágoas Daqueles que foro...

Os Disonantes Cánticos Das Árbores Mortas

Carballos sacrificados Pola codichu dos hipócritas Cinsas que percorrend O ar con velenosa calma Ancestruis fragas de Ardentes lembranzas sen dono Que os antergos veneraron Co respecto dde vellas múxicas crenzas Escoito os fantasmais cantos Que os espiritos do...

Palida Morte, Negra Sombra

Na noite de ollos de sangue Que a existencia cala repentinamente O corvo voa doente Ate o derradeiro abafo do que dorme Bágoas inocentes que tremen Pálida morte, negra sombra Que vixia o moucho no infinito Do milenario bosque de cristais rotos Bágoas inocentes...

Profecia Segunda

Na noite de ollos de sangue Na noite das vellas crenzas Na noite de meigallos e akelarres O Todo tornarase Nada 

Pvtrefacta Anima Nostra

Putrefacto Anima Nostro, Etsi Aeterna Doloroso. 

Romance de María Balteira

Cantan na Galiza toda E ate en terras de Castela A historia dunha fidalga A que chaman a Balteira "entre os muros dalgún pazo Eu non quero ser fechada Que os ventos dos camiños CAnten as miñas fazañas" Das Cruzadas regresou Con sona de dona arlleira Xenreira...

Sortilexios da noite tremerosa

No caldeiro de sangue onde a dor Dos seus deuses de podremia e infamia Ferve con ignominiosa culma E remordementos de mortes inocentes Elevade con presteza os sagrados sortilexios Na noite tremerosa Os astros conflúen en harmoniosa danza En circulos onde a deu...

To Die in Fight

Cruel coldness turns my heart to ice heavy snowy clouds, covered the nightly sky Snow is falling, wind is blowing and its cold. Blood in my veins got stopped, woulded i await my last hour hen the snow covers my body when the icy ship takes me to the land of th...

Under a Funeral Moon

On the day of my final sacrifice The chilling steel open my veins Blood staines my skin Silver chalice must be filled Drinking the poisoned blood I enter my shadowed coffin Two goathorns in my hands I raise my arms and close my eyes To receive the infernal ha...